«Terra», de Tanxugueiras, soa en Balaídos en vésperas do Benidorm Fest

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

Mónica Irago

A canción do grupo galego aspira a representar a España en Eurovisión

20 ene 2022 . Actualizado a las 09:39 h.

Non era a primeira vez que a música de Tanxugueiras soaba en Balaídos, pero onte fíxoo nen datas especiais e co seu tema do momento. Os acordes de Terra puideron escoitarse no estadio municipal vigués na previa do partido do Celta fronte a Osasuna, durante o quecemento dos xogadores, a poucos días de que se celebre o Benidorm Fest.

Nesta cita musical que se celebrará a vindeira semana decidiráse cal será o artista e o tema que represente a España no Festival de Eurovisión se terá lugar no mes de maio en Turín. Deste xeito, o Celta apoiou ao grupo galego, cuxa canción é das que máis están soando nesta carreira por estar no festival. Varios afeccionados celestes inmortalizaron o momento: