A aplaudida celebración de Beltrán do Día das Letras: «Non son galego, pero a miña xente si»
GRADA DE RÍO

Celta, xogadores e peñas conmemoran o 17 de maio
17 may 2022 . Actualizado a las 20:46 h.Como cada ano, o Celta, algúns dos seus xogadores e moitas peñas conmemoran neste 17 de maio o Día das Letras Galegas. Pero destacou, xa desde ben cedo, a mensaxe de Fran Beltrán, un xogador que desde a súa chegada a Vigo, hai case catro anos, destacou polo respecto amosado cara á lingua galega, da que mesmo quixo recibir clases. «Non son galego, pero a miña xente si ? Unha data moi sinalada para o Celta e o celtismo. ¡¡Feliz Día das Letras Galegas a todos!!», publicaba. Tamén se sumaron outros xogadores, tanto galegos como non, a través de Twitter -caso de Alfon e Sergio Carreira- e de Instagram.
[[@twitter:https://twitter.com/alfonsogm9/status/1526514113979064326]]
[[@twitter:https://twitter.com/Afouteza/status/1526465514666659840]]
[[@twitter:https://twitter.com/Penha_Aspas10/status/1526547136329965571]]
[[@twitter:https://twitter.com/1923NOS/status/1526503684447916033]]
[[@twitter:https://twitter.com/BenditaCondena/status/1526620751008350208]]
[[@twitter:https://twitter.com/celtabirras/status/1526584282772295680]]
[[@twitter:https://twitter.com/CentolosdoCelta/status/1526570223377211393]]