O poder de decisión

Xosé R. Castro FONDO NORTE

GRADA DE RÍO

Oscar Vázquez

xiro radical do destino de Gabri Veiga deixa varias interrogantes. Sempre se dixo que os futbolistas, con contrato ou sen el, remataban xogando onde querían e esa teoría queda agora baixo sospeita cando un axente top se cruza do teu camiño. Tamén hai quen leva as mans á cabeza pensando que fai un rapaz de 21 anos nunha liga de segundo nivel (polo momento), pero cadaquén é libre de tomar as súas decisións e como apuntaba Rafa Benítez, coa operación deixa despexado o futuro económico para varias xeracións da familia Veiga. O porriñés vén dunha familia de traballadores e seguro que sabe o que custa gañar un soldo.

Dende o sábado, cando Benítez deu por feita a súa saída, deberon pasar moitas cousas e na maioría delas todo apunta que tivo moito que ver Pini Zahavi. No fondo, e por moi famosos e influentes que sexan, para algúns non deixan mercancía que poñen no escaparate para o mellor postor e o mellor comisionista.

Outra reflexión debería ser interna e debería facela a patronal de clubs. Hai tempo que a liga española deixou a ser a referencia, pero cada día que pasa, perde máis o paso con ligas menores, algunhas delas, con sospeitosas fontes de financiamento.