Iago Aspas también reina en Bouzas

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

El capitán del Celta se dio un baño de masas al ejercer de pregonero en las fiestas del barrio vigués

19 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Iago Aspas causó furor en Bouzas, en cuya alameda fueron proliferando las camisetas y demás prendas celestes a medida que se acercaban las 21.00 horas y mientras tocaba la Banda Municipal de Música de A Lama. El pregonero de las fiestas del barrio vigués llegó puntual, acompañado por los dirigentes del Celta Carlos Cao y Marián Mouriño y después se sumaron Abel Caballero, Carmela Silva y David Regades. Sonó Oliveira dos cen anos antes de que el moañés tomara la palabra.

El capitán del Celta leyó un pregón en el que, como no podía ser de otro modo, aludió a su cesión al Rápido de Bouzas siendo juvenil, parte de ironizar con que el Cristo de los Afligidos es el que mejor representa al Celta y que Carlos Mouriño lo tuvo más fácil con San Roque el año pasado a la hora de pedirle milagros. Se acordó de las mariscadoras, mencionando que fue la profesión de su madre y constató que Bouzas es lugar de celtismo. La mejor prueba eran los niños encaramados a las barandillas del palco para verle, aquellos que le hacían llegar las camisetas para lograr su firma o los que trataban de conseguir el autógrafo en cromos desde antes de que comenzara el acto.

No faltó la intervención de Abel Caballero antes del encendido de las luces de las fiestas, con posterioridad a la lectura del pregón. Aprovechó para dirigirse a la presidenta: «Marían, presidenta, seguiremos trabajando juntos por el Celta y por la ciudad. Cuántas cosas vamos a hacer».

Texto íntegro del pregón de Iago Aspas

«Boas tardes a todos

Estou nun lugar especial para min e, por suposto, para todos os vigueses. Non creo que haxa ninguén na nosa Ría que non viñese algunha vez a Bouzas para gozar dos seus paseos sobre o mar, da maxia do centro histórico e dos bares e restaurantes que enchen esta vila mariñeira co cheiro e o sabor da nosa terra.

Eu descubrina cando era moi novo e algo rebelde, só un pouco. Enviáronme aquí cedido, ao Rápido de Bouzas, para amornar o meu carácter, madurar e mellorar. E conseguino, crecín moito como xogador e como persoa e, de feito, só me expulsaron unha vez …e foi contra o Celta, así que non conta. Aprendín moito e namoreime desta vila que en moitas cousas é como poñer á miña (Moaña) fronte a un espello.

Estas festas son unha bendición para todos, un espazo común para gozar, divertirse e compartir alegría con familiares e amigos. Ao encanto destas rúas úneselle un gran espectáculo de fogos artificiais único en Galicia. A súa brillante, nunca mellor dito, execución e grandeza visual súmaselle a singular beleza de Bouzas. Os fogos iluminan a terra, o ceo e o mar, ¿quen máis pode presumir diso?.

Son unhas festas para todos, pero este ano un pouco máis para os celtistas, que aquí me consta que hai moitos e moi bos. Quero agradecer no meu nome e no do club aos organizadores que lle dediquen esta edición ao Celta e ao seu centenario. Bouzas será desde agora un pouco máis celtista A moitos dos que estades aquí véxovos en Balaídos, espero que despois de aguantarme sigades indo.

Son as festas en honra ao Santísimo Cristo dos Aflixidos, igual por iso me convidaron a ler o pregón e non polo centenario. ¿Quen nos representa mellor aos celtistas que o Cristo dos Afilxidos? E xa que estou aquí, quero pedirlle algo. Non o teño tan sinxelo como o noso presidente de honra, Carlos Mouriño, que o ano pasado leu o pregón nas festas de San Roque. San Roque é o santo milagreiro, tívoo fácil o presi.

Ao cristo pídolle saúde e protección para todos, especialmente, e en honra desta vila, para os mariñeiros. E tamén para os mariscadores, que así inclúo á miña nai e non quedo sen comida as fins de semana. E xa postos, pídolle que se ten que haber alguén aflixido sexa o porteiro do equipo rival e non un dos nosos.

Gozade da festa, da música e dos postos, gozade deste enclave tan emblemático para Vigo, das súas rúas e dos seus paseos. E aos que veñen de fóra, tamén das súas xentes. Boa xente a de Bouzas e, como dixen, moi celtista.

Felices festas! e Sempre Celta!»