«Oliveira dos cen anos», Premio da Cultura Galega 2024 na categoría Proxección Exterior 

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

Abandeirados en Balaídos cando soa «Oliveira dos cen anos».
Abandeirados en Balaídos cando soa «Oliveira dos cen anos». Xoán Carlos Gil

O himno do centenario do Celta colleita un novo recoñecemento 

11 oct 2024 . Actualizado a las 19:36 h.

O himno do centenario do Celta, Oliveira dos cen anos, vén de ser recoñecido cun novo galardón que se engade á longa lista que leva acadado desde o seu lanzamento, hai algo máis dun ano. Neste caso, a composición de C. Tangana foi merecedora do Premio da Cultura Galega 2024 na categoría Proxección Exterior.

A entidade viguesa valora este premio como «un novo fito para o club» e para o propio himno. «Un cantar para reivindicar e proclamar con orgullo as nosas raíces de prata», engacen facéndose eco desta nova distinción. Súmase a outros premios de ámbito galego, coma o Mestre Mateo, pero tamén a moitos outros do panorama español e internacional.

A lista de premiados complétana Manuel Lourenzo (letras), Xosé María Pérez Barro (artes visuais), Marta Pazos (artes escénicas), Joaquín Martínez (música), Ficción Producións (audiovisual), Julia Díaz (lingua) e Xosé Manuel González (patrimonio cultural). Con estes galardóns búscase «dinstinguir a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural de Galicia, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural galega».

Oliveira dos cen anos, proxecto liderado por C. Tangana, contou coa participación da Coral Casablanca, Xisco Feijoo, As Lagharteiras, Lilaina ou Sime, do grupo Keltoi! Recentemente obitvo unha nominación aos Grammy Latinos, e previamentefora premiada nos Cannes Lion Awards, os Premios Nacionais da Creatividade, os Premios da Academia da Música de España, o Festival El Sol, os Mestre Mateo ou os Premios Paraguas. The Guardian escribiu que podía ser «o himno de fútbol máis ambicioso artísticamente de todos os tempos» e Rolling Stone incluiuna entre as 100 cancións que marcaron o ano 2023.