
A afección prepárase para o partido desde sábado en Balaídos
18 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Varias peñas celtistas compartiron este xoves unha iniciativa pensada para o partido desde sábado fronte ao Real Madrid, correspondente á décima xornada de liga, que se disputará en Balaídos desde as 21.00 horas. En concreto, chaman a levar e lucir bandeiras galegas. «Galiza na nosa ialma, o Celta nos nosos corazóns. Leva e amosa a túa bandeira galega», pode lerse na mensaxe do cartel.
Xunto co cartel, algunhas peñas comparten as súas propias mensaxes: «Un equipo. Un país. Unha cultura. Unha identidade», sinalan desde Centolos Celestes. «Pola defensa dunha fala e dunha cultura tan especial como é a nosa. Este sábado vide con nós. Leva a bandeira da nosa terra e berra ata o final polos valores e o orgullo galego. Sempre Galiza», expresan Siareiros do Fortuna.
Movida Celeste, pola súa banda, escribía: «Fronte aos seus galácticos, os nosos canteiráns. Fronte a súa indiferenza, o noso orgullo. Fronte ó seu diñeiro, a nosa afouteza. Lembrade que esta é a nosa casa! Onte, hoxe e sempre anima ao equipo da túa cidade». O Colectivo Nós anima á afección a participar con estas verbas: «Vinde con NÓS este sábado a Balaídos a amosar a nosa unión, a nosa lingua e as coras da nosa identidade».