
Varios xogadores de distintas procedencias aparecen cantando o himno do centenario do Celta no Inside do partido fronte ao Xetafe
08 nov 2024 . Actualizado a las 16:19 h.O himno do centenario do Celta, Oliveira dos cen anos, leva máis dun ano -desde o seu lanzamento, no verán do 2023- demostrando que non entende de fronteiras. Leva soado en múltitude de ámbitos e en diferentes puntos da xeografía mundial. Ademais, no Inside -o vídeo no que o club mostra os entresixos dos partidos- do encontro fronte ao Xetafe, pode verse a varios xogadores interpretando fragmentos da composición de C. Tangana.
Entre os que aparecen cantando algunha estrofa están o grego Tasos Douvikas, os madrileños Fran Beltrán e Marcos Alonso e o arxentino Tadeo Allende. Tamén se intúe ao serbio Mihailo Ristic e ao sueco Carl Starfelt, aparte de galegos como Hugo Sotelo ou Iago Aspas. A tempada pasada, as cámaras televisivas captaron xa ao noruego Strand Larsen cantala ao saír ao terreo de xogo.
Ademais, un celtista xaponés que tamén aprendeu a letra interpretaba meses atrás un fragmento para Grada de Río. Existe, así mesmo, unha versión recente da banda arxentina ALMA e a cantante Marina Reche tamén se atreveu con este tema nunha actuación recente en Vigo.