O reto é subir as prestacións fóra da casa para intentar aspirar a algo máis
13 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Amin gústame ir semana a semana, pensar moito máis alá non serve de nada. Creo que, sobre todo, o equipo ten que mellorar as súas prestacións fóra da casa para intentar aspirar a algo máis, pero penso que é bo ter ese reto, se ben no fútbol hai que ir con moitas cautela, porque nos últimos anos o Celta estivo moi apertado ata as últimas xornadas.
Opino tamén que a segunda volta aínda lle pode ser máis complicada, porque todos os equipos xa te coñecen máis e cada vez os puntos adquiren máis importancia, pero a sensación que transmite o equipo na casa invita a ser optimista. Porque demostrou que pode competir con calquera, incluso cos que están agora en Champions: co Villarreal, o Celta fixo un partidazo e mereceu moito máis, igual que co Atlético na casa, e incluso o día do Real Madrid. Ningún deses rivais foi mellor, pero teñen ese futbolista diferencial ou esa capacidade de estar metido ata o final. Para aspirar a algo máis, o equipo ten que aprender a gañar, mesmo sen merecelo, e para iso, non pode ter erros defensivos rectificables.