A campaña do Celta «Non pode ser máis de aquí», recoñecida nos Premios Paraugas

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

Clúster da Comunicación de Galicia

O club vigués recibiu o premio á mellor acción de branding

23 nov 2024 . Actualizado a las 11:09 h.

O Celta foi galardoado por segunda edición consecutiva nos Premios Paraugas. A campaña Non pode ser máis de aquí, coa que se presentou a camiseta da presente tempada 2024/2025, foi distinguida como mellor acción de branding e colle o relevo a Oliveira dos cen anos, que no 2023 fora merecedora do recoñecemento á mellor estratexia global de comunicación. Os outros candidatos ao premio que recaeu no Celta eran La canción del verano -Wise-COFC- e Lo del Emérito, en dos días -quattro IDCP-Bualá (luz y ya)-.

Os Premios Paraugas, que se celebraron no Teatro Jofre de Ferrol, están organizados polo Clúster da Comunicación de Galicia para premiar aos mellores proxectos de comunicación dos últimos doce meses. Empresas de toda Galicia estiveron presentes nunha gala na que se entregaron 18 galardóns.