«Alto e claro, nin unha menos »

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

RC CELTA

As Celtas son a imaxe da reinvindicación do Celta con motivo do 25N

25 nov 2024 . Actualizado a las 15:51 h.

Un ano máis, o Celta sumouse este 25 de novembro á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Fíxoo cos mesmos versos de Rosalía de Castro que xa empregara nesta dara hai un ano: «Eu, porén, son libre, libre coma os paxaros, como a brisa; como os árabes no deserto e o pirata no mar». A gran novidade é que a imaxe sobre a que aparece o lema «nin unha menos» e de xogadoras e corpo técnico do equipo feminino, As Celtas, que vive a súa primeira tempada.

Ademais, a publicación en Twitter do club foi respondida pola presidenta, Marián Mouriño, que á súa vez, escribía: «Alto e claro, nin unha menos».

Publicacións de anos anteriores

Varios futbolistas, tanto da canteira coma do primeiro equipo, sumáronse compartindo a publicación do club vigués.