A lección de vida de Yohanna á canteira celeste

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

RC CELTA

Unha vítima da violencia de xénero compartiu a súa historia para concienciar aos canteiráns

27 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Celta compartiu este mércores que a súa canteira, tanto masculina como feminina -As Celtas- puido coñecer de primeira man a experiencia vivida por unha muller «vítima dunha brutal violencia de xénero», explicaban. Toda unha «lección de vida», valoran desde a entidade, para os asistentes, entre os que tamén houbo técnicos, dirixentes do club como a conselleira Xisela Aranda e membros do patronato da Fundación Celta e tamén o xogador do primeiro equipo Borja Iglesias.

A protagonista foi Yohanna Comesaña, que relatou a súa historia en compañía da psicóloga do primeiro equipo do Celta, Laura Centoira. «Unha plática que inculca a importancia dunha boa concienciación e uns bos valores. Eternamente agradecidos a Yohana pola súa entereza, forza e afouteza para continuar adiante.O Celta, SEMPRE contra as violencias machistas», engadían.