O celtismo celebra o Día de Galicia: «Defenderemos sempre con orgullo as túas cores, fala, cultura e identidade»

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

RC CELTA

O Celta, a súa presidenta, peñas, xogadores e antigos xogadores conmemoran o 25 de xullo

25 jul 2025 . Actualizado a las 18:01 h.

O 25 de xullo é día de celebración para Galicia e para o celtismo. A primeira hora da mañá, o club vigués felicitaba esta data coa seguinte mensaxe: «Levaremos e defenderemos sempre co maior dos orgullos as túas cores, a túa fala, a túa cultura e a túa identidade. Sempre hei estar aquí. Feliz 25 de xullo. #DíaDeGalicia». Posteriormente, a presidenta da entidade, Marián Mouriño, escribía: «Galicia vive nas palabras das avoas... e nos soños que xunt@s imos construir. Fogar, berce e futuro... que nunca deixemos de sentirnos parte dela. Feliz día, galegos e galegas!».

Multitude de peñas celtistas, á súa vez, tamén comprartiron a publicación do club ou ben as súas propias para conmemorar o Día de Galicia. «O privilexio do que temos a sorte de ser compre agradecelo estando cada día á altura desa herdanza. Que pasedes un moi bo día da nosa terra, paisanos!», escribiron desde Irmandiños 1923. «O Celta naceu para representar a Galicia. Dende 1923 levamos con orgullo as súas cores e os seus símbolos alá onde fomos xogar. E así será por sempre! Comprometidos con manter viva a lingua, costumes e cultura galegas», expresaron desde Movida Celeste.

Tamén xogadores actuais do equipo e que o foron no pasado compartiron a publicación do Celta ou fixeron outras referencias a esta data tan especial. Incluidos algúns que non son galegos, caso de Rafa Berges ou David Rodríguez.