O celtismo mobilízase para o Celta-PAOK

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

ÓSCAR VÁZQUEZ

As peñas convocan unha macro previa e anuncian un «pyroshow»

30 sep 2025 . Actualizado a las 19:54 h.

Peñas do Celta, coa coordinadora da bancada de animación, Siareiros Celta Vigo, á cabeza convocan ao celtismo para volcarse este xoves o equipo con motivo do debut europeo en Balaídos -logo da estrea na competición en Stuttgart unha semana antes-, fronte ao PAOK. O partido comezará ás 21.00, pero a afección está citada nas inmediacións do estadio municipal desde tres horas antes.

Será ás 18.00 cando comece o que presentan como unha macro previa na rúa Eugenio Kraff, metres que ás 19.30 anuncian un pyroshow en Balaídos. Por último, animan á afección a acceder ao interior do campo e ocupar as bancadas ás 20.00 e a levar bufandas e bandeiras para arroupar ao equipo. 

«O primeiro gol facémolo nós!! Agardámosvos este xoves Traede as vosas bufandas, bandeiras e as ganas de deixarvos a voz. Non dubidedes que vai chegar a primeira vitoria da tempada! Sempre Celta!», sinala a peña Fóra de Xogo. Movida Celeste, pola súa parte, lembra que «voltan as noites europeas» e engade «na previa: lume; na bancada: bandeiras e bufandas ao ar».

Desde Boinas Celestes piden «barullo e celtismo dende ben cedo! Tódalas bandeiras no ar!». Irmandiños 1923, pola súa parte, escribe: «Fagámolo a nosa maneira: deixando a gorxa, e erguendo as bufandas, amosando as nosas cores, ondeando as bandeiras». Le-Chuzas Celestes expresa: «Soñouse con voltar, soñemos con conquistar. Imos con todo».