
Os artistas sairán a escea en Balaídos ás 20.45, un cuarto de hora antes do inicio do partido
02 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Celta tiña preparada unha sorpresa para a previa do Celta-PAOK que no se desvelou ata 24 horas antes de que se produza. Trátase dunha actuación minutos antes de que dea comezo o partido de Europa League e que correrá a cargo de Fillas de Cassandra e Mondra. Os tres protagonizan o vídeo co que se deu a coñecer que estarán en Balaídos este xoves. «Balaídos regresa a Europa co noso orgullo por bandeira. XUNTOS!», escribiu o club.
Concretan que ás portas abrirán ás 19.45 e unha hora máis tarde, terá lugar a actuación. Siareiros Celta Vigo, a coordinadora das peñas de animación, xa pedira á afección que entre no estadio ás 20.00. Media hora antes, anunciaron un espectáculo pirotécnico, mentres que a macro previa convocada comezará ás 18.00.
Para o dúo vigués, será a súa terceira vez exercendo de artistas neste estadio. En setembro do 2024 xa estiveron na estrea en partido oficial do equipo feminino celeste, As Celtas, actuando no descanso, e semanas máis tarde, en outubro do ano pasado, estiveron na previa do Celta-Real Madrid, versionando un fragmento e Oliveira dos cen anos.