A peña celtista de Porto do Son homenaxea a Agapito Carballo, o seu secretario durante 33 anos
GRADA DE RÍO

















90 persoas acudiron á cea de confraternización celebrada este sábado
12 oct 2025 . Actualizado a las 11:50 h.A Peña Celtista de Porto do Son celebrou este sábado a edición número 22 da súa cea de confraternización, que este ano tiña un engadido especial. Porque a agrupación celtista quixo aproveitar esta cita para render homenaxe a Agapito Carballo Barral, que foi o seu secretario ao longo de 33 anos e que agora abandona o cargo por motivos de saúde; o seu relevo é David Barrio Alonso.

Nun evento ao que acudiron 90 persoas, Carballo recibiu un recoñecemento como secretario honorífico que pasa a ser, cunha placa que ensalzaba «o seu labor, compromiso e dedicación a prol da peña e do celtismo», así como unha camsieta asinada polo plantel e un detalle da Federación de Peñas do Celta. Esta estivo representada polo seu presidente, Pepe Méndez, que tamén se desprazou a Porto do Son para acompañar á peña nun momento tan especial.