A futbolista de O Rosal recolleu o premio nun acto que tivo lugar na Cidade Deportiva Afouteza
18 oct 2025 . Actualizado a las 10:12 h.A xogadora de As Celtas Sara Álvarez, Muñi, unha das capitás do equipo, foi galardoada este venres no V Foro da Muller Rural Galega, evento celebrado na Cidade Deportiva Afouteza. A presidenta do Celta, Marián Mouriño, non puido estar presente para exercer de anfitrioa, pero gravou un vídeo expresando que lle tería encantado estar: «Es un motivo de orgullo para el Celta lo que representa la mujer rural gallega. Desde nuestra estrategia de identidad y raíces, queremos proyectar al mundo lo que somos y la mujer tiene un papel importante. Esa mujer fuerte gallega es la referencia de As Celtas, esa mujer que defiende lo suyo, que mucha veces tenía qeu quedarse guardando el hogar y hoy hemos dado un paso adelante y llevado esa fortaleza a todos los ámbitos», expresaba.
Muñi si que puido estar no evento e recoller o seu galardón e comezou facendo referencia ao resto das premiadas. «Sempre levarei comingo o recordo de poder verme en medio de muleres que abriron camiño e sodes exemplo para as xeracións que veñen detrás», comezaba. E a continuación daba as grazas ao Concello do Rosal por escollela para representar ao lugar onde naceu e que, di, leva no corazón alá onde vaia. «Está a miña casa, a mña familia, os primeiros recordos, as primeiras patadas ao balón. As miñas primeiras veces foron no Rosal e síntome privilexiada de ser de onde son», subliña.
Ademais, quixo facer unha mención especial á presidenta do Celta, Marián Mouriño. «É unha persoa á que admiro e á que sempre estarei agradecida por crear e creer nun proxecto do que teño a grandísima sorte de formar parte», en referencia a As Celtas. A encargada de entregarlle o premio foi a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, que dixo dela que é moito máis que capitá de As Celtas, algo que os seus veciños levan con orgullo.