O club vigués foi recoñecido nas dúas edicións anteriores destes galardóns de comunicación e márketing
13 nov 2025 . Actualizado a las 18:03 h.O Celta suma tres nominacións na edición 2025 dos Premios Paraugas, galardóns de comunicación e márketing concedidos polo Clúster da Comunicación de Galicia. É o terceiro ano consecutivo que a entidade viguesa está entre os finalistas e nas dúas ocasións previas, levou o recoñecemento. O club destaca que se recoñece deste xeito a acción comunicativa da entidade e dan as grazas ao celtismo por axudarlles a «medrar desde as raíces».
Neste caso, opta por partida triple: na categoría de estratexia global de comunicación, con Voltarei, homenaxe á emigración galega; na de estratexia máis eficaz, con O mellor agasallo da historia -o patrocninio por un día a La Revuelta con motivo da visita da presidenta, Marián Mouriño, ao programa da David Broncano, e na de mellor acción de branding, coa iniciativa RIO1923: Raíces, identidade e orgullo.
No ano 2023, o himno do centenario, Oliveira dos cen anos, composto por C. Tangana, foi premiado na categoría de estratexia global de comunicación. Un an máis tarde, foi a campaña de lanzamiento da camiseta, Non pode ser máis de aquí, a considerada como mellor acción de branding.
A través da súa web, o Celta indica que optar a estes galardóns novamente «é unha honra e un motivo de orgullo. Supón un recoñecemento ao esforzo, á paixón e á dedicación de todos os que forman parte do club, pero tamén á forza do celtismo, que apoiou con entusiasmo cada unha das campañas e proxectos que viron a luz este ano».