O intérprete de «Voltarei» tocará o tema en Balaídos antes do partido de este xoves
10 dic 2025 . Actualizado a las 23:44 h.A coordinadora da bancada de animación de Balaídos, Siareiros Celta Vigo, propuxo na véspera do Celta-Bolonia unha macroprevia na rúa Eugenio Kraft «para o celtismo máis rebelde» desde as 18.00, tres horas antes do inicio do encontro. Ademais, propoñen acceder cedo ao estadio, ás 20.15 horas e facerse notar co bufandeo desde as 20.57, cando os xogadores saian ao terreo de xogo. «Trae a túa bufanda, ondea unha bandeira», animan.
????? - ???????
— Siareiros Celta Vigo (@SCV1923) December 10, 2025
Se Balaídos bate forte, o rival treme.
? 18:00 Macroprevia na Rúa Eugenio Kraft para o Celtismo máis rebelde.
?? 20:15 Entrada á Bancada.
? 20:57 Bufandeo na saída dos xogadores ao terreo de xogo.
Trae a túa bufanda, ondea unha bandeira! pic.twitter.com/nT248PUMZ6
? Hard GZ trae a forza de “Voltarei” ao noso lar!
— Celta (@RCCelta) December 10, 2025
Unha previa para a emigración galega: homenaxe ás nosas raíces, á memoria dos que marcharon lonxe e á forza da comunidade que nos une.
?? #AbancaBalaídos
? Xoves 11 de decembro
? 20:45 - @HardGaliza - Voltarei#CeltaBologna… pic.twitter.com/XFKM1fOIXJ
A maiores, o Celta comunicou que uns minutos antes deses prolegómenos nos que soará Oliveira dos cen anos, Hard GZ interpretará no estadio o seu tema Voltarei, himno homenaxe á emigración composto con motivo do retorno do Celta a Europa. O propio artista o comunicou a través dun vídeo.