Balaídos abrirá na previa do Celta-Athletic para unha xuntanza entre ambas afeccións
GRADA DE RÍO
A bancada de Marcador Baixo de Balaídos abrirá de 12.00 a 14.30 horas con música e comida a prezos populares
11 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Celta vén de anunciar este mércores que, con motivo do partido do domingo frente ao Athletic Club, organizará unha xuntanza previa no interior do estadio co obxectivo de que ambas afeccións, que manteñen unha moi boa relación, gocen xuntas antes do partido. En concreto, o punto de encontro será a bancada de Marcador Baixo de Balaídos, que abrirá de 12.00 a 14.30 horas para acoller aos seareiros que se pasen. Haberá música e comida e bebida a prezos populares nas cantinas do estadio.
Trátase dunha iniciativa coordinada co Athletic a través a Área Celtista e que, din desde a entidade, «busca dar continuidade á histórica boa relación entre os seguidores de ambos equipos». Afondan nese vínculo especial, sinaland que se construíu «con respecto e paixón ao longo dos anos». Lembran, do mesmo xeito, quedou reflectida no minidocumental de CeltaMedia Athletic-Celta: A orixe dunha amizade futbolera, que amosa «como dúas hinchadas poden compartir o seu amor polo fútbol máis aló da rivalidade».
Tralo partido, ademais, as peñas Teixugos Celestes, A Tapa Celeste e siareiros.net organizan tralo partido, desde as 18.15 no Picoteo ( Eugenio Kraff, 50) unha chocolatada con churros que contará coa visita de Papá Noel. Está destinada tanto aos seus peñistas coma ao resto de celtistas que se queiran achegar.