Borja Iglesias, vital en todos os ámbitos

Xurxo Otero VIGO

GRADA DE RÍO

Borja Iglesias, celebando su gol en Copa en el Albacete-Celta.
Borja Iglesias, celebando su gol en Copa en el Albacete-Celta. Josema Moreno

24 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Os números están aí, a súa volta á selección referenda un pouco o bo ano que fixo Borja Iglesias e está claro que é un xogador importantísimo para o equipo, máis alá dos goles. O traballo que fai durante nos 90 minutos é indubidable.

Borja é un tipo moi sensato, o seu discurso é coherente e dáme que no vestiario é deses futbolistas veteranos que todo adestrador quere ter máis alá da súa importancia no terreo de xogo. Agora mesmo, é un futbolista vital polo que significa e pola faceta goleadora.

Este Celta, nestes momentos, non ten facilidade para o fútbol combinativo, cústalle moito máis, os rivais xa o coñecen, todo o mundo estuda como responderche e creo que esa faceta de xogar un pouco máis directo, buscando máis profundidade con Borja para descargar para as rupturas del interiores e os homes de banda é a mellor solución. Nesa faceta, é un futbolista que lle dá moito ao equipo. Penso que o partido do Bernabéu marca o que significa o Panda para este equipo, pero nos demais partidos, cando o xogo está atascado e non consegues ter moita circulación, o compostelán é unha factor moi determinante. Aínda que non metese goles, significa moito para o xogo do equipo.

Vexo moitas posibilidades de que poida ir ao Mundial, porque opino que é un tipo de futbolista que non ten a selección. É importante para calquera equipo contar cun xogador así, que por riba está tendo acerto rival e fai un gran traballo. Estou convencido de que se remata a tempada como está agora vai ser un xogador que estará na listaxe definitiva.