Nas terras de Santa Comba
HEMEROTECA
Non é fácil atopar descricións das terras de Santa Comba. Era sempre a terra ou a xurisdición de Xallas. Non era sitio onde campasen grandes carballeiras nin soutos con ises clásicos exemplares que non teñen máis que o anel exterior, están completamente ocos e inda dan castañas, pero hai vidoeiros, tamén chamados vidos e vidóns, e sobre todo o que abunda é loureiro, pero o chamado con nome que vai millor, loureiro real. Hai comarcas onde abunda o loureiro de folla estreita e son raros os que chaman reales. O loureiro real foi sempre moi estimado, era rama predilecta pro ramo grande que se levaba a igrexa o Domingo de Ramos. Collíase unha ramiña pequena o mesmo que pau de san gregorio, planta igualmente rara que eu non vin máis que nunha pequena hortiña.
En Xallas acompañando ó loureiro está o buxo e algún salgueiro. A falla máis notoria é a do carballo, árbor sagrado dos celtas, inda quedan algúns de lonxanas centurias en lugares cristianizados; desapareceron xa fai bastantes anos os dous que duraron máis tempo en Lugo e inda viven os de o Pelete, Loureiro de Cotobade e Santa Margarita en Pontevedra capital, gracias á valiosa defensa, no seu día, do pai Sarmiento, que tiña a casa perto da capela da santa.
E non debe fallar o elemento celta cando un lugar leva o nome de Vilar de Céltigos. Non hai ausencia total de carballeiras, pero había algo así como un desprecio pra árbore nos lindeiros das leiras, nos bordes do río e nas hortas non se vían froitales, quizais hoxe os cámbeos e as novas fontes da economía, arredado o capiduo das minas, por ser hoxe un novo ouxeto de comercio sexa, como neutros lugares, a fruta. Non fallou nunca o bon gusto no adorno das hortiñas, a verba non é diminutivo, con árbores da súa estimación.
Hai de antigo unha ordeación dos pobos, forman conxuntos sen as casas afastadas, son agrupacións moi ben ordeadas.