Despois de tres anos esquivándote estoicamente, incluso cando durmías baixo o mesmo edredón, finalmente as miñas barreiras derrubáronse e o meu corpo non puido máis que abrazarte, deixarse levar e sentirte baixo cada poro da miña pel. Eviteite cando te arrimaches ás miñas amizades; aínda que elas sucumbiron unha a unha aos teus encantos, eu conseguín manterme á marxe. Mesmo cando empezaches a asomar a cabeza pola oficina, logrei escapulirme sen que apenas me rozaras. Evitei achegarme a ti; deixei de ir aos bares, por temor ao teu alento. Deixei de ir até ao supermercado do barrio, pois non quería ter que evitar esas miradas. Non sei como, e por que comezou. Penso que foi naquela viaxe. Por ti faltábame o ar; pasei duras noites de insomnio e frías suores. Provocaches no meu corpo un formigo incesante, as pernas tremían só de pensar en tí; de todos os xeitos, a despedida está cerca... Adeus, adeus. COVID!