Os escolares con proxectos son noticia

> Jesús Garrido cursosrepeducador.es

LA VOZ DE LA ESCUELA

Exposición do 26 de maio do ano pasado na que mozos amosan as súas ideas no Obelisco, A Coruña, no marco do Proxecto Semente
Exposición do 26 de maio do ano pasado na que mozos amosan as súas ideas no Obelisco, A Coruña, no marco do Proxecto Semente CÉSAR QUIAN

As novas van á aula

08 may 2013 . Actualizado a las 12:38 h.

Intentamos recoller noticias do xornal que reflictan algo do que todos os colexios xa están a practicar nos seus programas de emprendemento. Non sempre, máis ben moi poucas veces, se publican; pero, se isto nos anima, alá imos. En todo caso, a conexión con estes centros educativos é ben fácil e pódense establecer unhas redes permanentes para tan importante aventura. ¿Anímaste e nolo contas? Así, a próxima vez, poderiamos dedicar unha dobre páxina a tanto emprendemento. ¡Que gustazo!

Sin promover talento, España descarrila

(La Voz, 21/10/2012) Talento hay, en principio, de sobra, pero solo aporta valor cuando se realiza, personal, social y profesionalmente. Y conviene realizarlo porque un país sin recursos energéticos solo cuenta con el talento como materia prima. La situación de España es gravísima: tres de cada diez niños no termina sus estudios escolares; uno de cada dos jóvenes no halla trabajo; uno de cada tres adultos tiene dificultades para llegar a fin de mes y para buena parte de los pensionistas ser mileurista es un sueño inalcanzable.

(M. Campo Vidal)

n ACTIVIDADES: Busca «Transforma Talento» en Internet e verás que se pretende e pensa da actualidade en España. Aínda que a cousa soa moi alto, teñen unha frase que nos axuda á escola: Plan de acción para desenvolver máis e mellores talentos: da infancia (aí estamos) á incorporación ao mercado de traballo (chegaremos).

(La Voz, 26/4/2013) Alumnos de dez colexios da cidade (Hijas de Jesús, Calasancias, San Francisco Javier, María Mariño, Nuestra Señora de Lourdes, Sanjurjo de Carricarte, Montegrande, Grande Obra de Atocha, Manuel Murguía e Karbo) acudiron onte ao palacio municipal a recoller de mans da edila de Emprego e do alcalde os permisos para poder instalarse o próximo 25 de maio no Obelisco para vender os produtos que elaboraron as súas cooperativas.

Emprendedores

(La Voz, 16/10/2011) Edison, Bell e Marconi, igual que Gates e Jobs, son fundamentalmente empresarios, esa especie ás veces tan vituperada e, porén, tan fundamental. Escólloos como referencias, igual que se escolman certas datas para poñer marcos na historia. O grande éxito de todos eles foi sen dúbida o espírito emprendedor, a súa capacidade para converter a tecnoloxía en mercado, ás veces dende o modesto interior dun garaxe. Emprendedores. Algo do que tan necesitados estamos.

n ACTIVIDADES: Le o artigo enteiro, por favor. De cando en vez vénnos moi ben decatarnos que se pensa por aí polas alturas e non quedar nas catro letras que podemos publicar. ¿Que opinas da importancia dos empresarios e o emprendemento?

Colleita de ideas entre estudantes coruñeses

n ACTIVIDADES: Velaí tes, entre outros moitos posibles, eses dez colexios cos que podes conectar para intercambiar inventos. Ou ¿para que queres a túa habilidade xenial en manexar iso que se chama móbil e as novas tecnoloxías?

Un taller espertará en nenos de doce anos a faceta emprendedora

(La Voz, 19/12/2012) Durante os días 26 a 28 de decembro, o edificio Cersia acolleu un taller de fomento da cultura emprendedora entre os estudantes de ensino secundario organizado por ADNideas, que preside María Bobillo, coa colaboración do Concello. O obxectivo deste «campamento de emprendedores» foi sensibilizar aos mozos sobre a importancia dunha actitude emprendedora no desempeño de calquera iniciativa: o traballo en equipo, a iniciativa empresarial, a comunicación interpersoal e a xestión da diversidade.

n ACTIVIDADES: ADNideas é un centro de desenvolvemento de competencias, que está en cantidade de sitios en Internet. Pica e que rebente ese invento emprendedor que tes oculto na túa cabeza. Non o gardes.

5. APRENDER A EMPRENDER

Actividades para fomentar proxectos de cooperación en Boiro

(La Voz, 3/10/2012) As xornadas Aprender a Emprender teñen como finalidade potenciar o emprendemento cooperativo, especialmente entre alumnos de secundaria de Galicia. Na comarca, Boiro será o primeiro concello onde se levará a cabo. Concretamente, serán os centros de Espiñeira e Barraña. No primeiro caso participarán os alumnos dos ciclos de formación profesional. No segundo instituto serán os de segundo de bacharelato.

n ACTIVIDADES: ¿Como é o programa de «aprender a emprender» que tedes no colexio? Unha idea: incluso mellorar o programa coas vosas ideas, xa sería un excelente emprendemento. ¿Comezamos?