O «Costa Concordia», endereitado con éxito

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

RICCARDO DALLE LUCHE

O cruceiro afundido en xaneiro do 2012 foi enderezado e colocado sobre unha plataforma o pasado 17 de setembro

25 sep 2013 . Actualizado a las 13:19 h.

O casco do cruceiro Costa Concordia quedou endereitado pasadas as catro desta madrugada, hora local, e as operacións de rotación do buque terminaron con éxito, anunciou o xefe de Protección Civil, Franco Gabrielli, citado pola RAI.«O barco está agora apoiado sobre a plataforma e marcamos un punto decisivo para afastalo de (a illa de) Giglio», engadiu Gabrielli.

ACTIVIDADES. Talvez os vídeos dinámicos da súa posta en pé e os datos do seu peso e volume dean unha lección maxistral para a clase de tecnoloxía.