Debuxos dos maiores de categoría infantil

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

A actualidade do drama humano que supón a inmigración manda no traballo gañador dos maiores dos pequenos

28 may 2014 . Actualizado a las 12:51 h.

O titular da noticia escollida por Noa, de Ourense, di: «Interior vuelve a reforzar Melilla tras el mayor salto a la valla». E a reelaboración do texto da noticia que acompaña o debuxo reza así: «El 18 de marzo tuvo lugar el asalto más multitudinario a la valla de Melilla, lograron pasar 500 personas aprovechando la gran cantidad de niebla que los escondía. Los inmigrantes llegaron llenos de heridas, pero algunos consiguieron su sueño: ?Pisar España?. España se ve ante un grave problema, ya que nosotros solos no podemos solucionar este problema. Europa tiene que ayudar».

Os premios segundo e terceiro desta categoría foron parar ás mans de dúas alumnas de 5.º de primaria, Lucía Gómez Montecelo, de Ourense, e Leticia Ogando González, de Pontevedra. Lucía recolle a epopea dun alemán que sobreviviu no deserto de Australia alimentándose de moscas. Leticia quedouse máis preto da súa idade, pero abrangueu moitos temas no texto e no debuxo, ao recoller os problemas que sofren os nenos en todo o mundo.

PRIMEIRO PREMIO

Noa da Silva Pereira. 5.º de primaria do CEIP Manuel Sueiro (Ourense).

Premio: unha fin de semana en Port Aventura para catro persoas.

Premio á profesora: Ana M.ª Carballo Martínez.

SEGUNDO PREMIO

Lucía Gómez Montecelo. 5.º de primaria do CEIP Vistahermosa (Ourense).

Premio: unha cámara de fotos dixital.

Premio ao profesor: José Manuel Alonso Gómez.

TERCEIRO PREMIO

Leticia Ogando González. 5.º de primaria do CEP Riomaior (Vilaboa, Pontevedra).

Premio: unha tableta cortesía de Primux.

Premio ao profesor: M.ª Carmen Negro Fernández.

Premio para os profesores: unha estancia para dúas persoas no hotel Oca Nova Manzaneda (xentileza de Oca Hoteles).