O Día das Aves

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

Estaca de Bares é un dos mellores lugares para avistar aves migratorias
Estaca de Bares é un dos mellores lugares para avistar aves migratorias

08 oct 2014 . Actualizado a las 11:51 h.

O pasado fin de semana, como todos os anos a principios de outubro, celebrouse en toda España o Día das Aves, coordinado por SEO/BirdLife. Máis de 500 actividades repartidas por todo o país reuniron a decenas de miles de afeccionados e curiosos, que tanto participaron na observación destes animais como descubriron en que consiste o seu anillamiento científico, ou asistiron a charlas sobre as súas viaxes, o seu estudo e a súa conservación. En Galicia, a Sociedade Galega de Ornitoloxía organizou un encontro no cabo de Estaca de Bares. Os asistentes puideron disfrutar desde este promontorio do paso de moitas especies de aves mariñas.