Quinientos educadores, mestres e investigadores compartiron experiencias no congreso da Asociación Mundial de Educadores Infantiles
10 dic 2014 . Actualizado a las 11:49 h.Baixo o lema «Aprender para comprender... e comprender para emprender», ao redor de 500 educadores, mestres e investigadores reflexionaron e compartiron experiencias sobre as novas tendencias no ámbito da educación infantil (de 0 a 6 anos) no congreso organizado pola Asociación Mundial de Educadores Infantiles (AMEI-WAECE) os días 28, 29 e 30 de novembro en Madrid. Nun clima de entusiasmo, tratáronse múltiples aspectos.
UN TEMARIO DINÁMICO E CREATIVO
Seleccionamos os principais temas que se propuxeron durante o Congreso e a súa aplicación ás clases dos máis pequenos, e indicamos ao final da páxina a dirección á que se pode acudir para unha maior información sobre o seu contido e os expertos que participaron nas conferencias, talleres e experiencias que tiveron lugar durante eses días. Os máis pequenos da clase e os seus profesores son, pois, a noticia grande en El panel de la 2.
1. VOCABULARIO EMOCIONAL
A creatividade, as emocións, a empatía, as intelixencias múltiples constitúen neses primeiros anos as bases da aprendizaxe, adaptadas ás habilidades dos nenos pequenos. É necesario saber axudarlles a interpretar correctamente a comunicación non verbal dos demais e a educar as emocións propias, introducindo no desenvolvemento da clase un vocabulario emocional que lles facilite a súa expresión persoal e en grupo.
n Todo este vocabulario se complementa e fortalece coas coñecidas 5 as que son claves para educar: Ambiente, Aceptación, Amizade, Alegría e Asombro. Fíxose mención de diversos proxectos de aula que teñen aos nenos como protagonistas da aprendizaxe e que traballan no piso de arriba (habilidades e contidos), ao que chegan desde o piso de abaixo (emocións, vivencias, diferenzas...).
2. ALGO MÁIS QUE LETRAS E NÚMEROS
A lectura compartida convértese nunha práctica social que logra ir alfabetizando ao neno desde o nacemento. Un bo exemplo diso foi a marabillosa lectura para a aula que le «sen saber ler», tal como se amosa no libro Choco encuentra una mamá, de Keiko Kasza.
n Xunto a esta idea de algo máis que letras e números, insistiuse no desenvolvemento e proposta didáctica da utilización de contos que vai combinando, aos poucos, a competencia lingüística e a matemática a través do texto literario.
n No sector de actividades gráficas achegáronse ideas para o desenvolvemento da creatividade a través da linguaxe gráfica libre, desterrando as fichas de debuxo e dando pautas para interpretar os debuxos dos nenos e nenas. Unha ferramenta imprescindible para detectar as súas relacións e a súa forma de ver o mundo e estar nel.
n A evolución das TIC ás TAC (técnicas de aprendizaxe colaborativo / comprensivo) na atención aos nenos pequenos foi o obxecto dunha interesante comunicación sobre os resultados máis recentes da psicoloxía cognitiva para a resolución de problemas en educación infantil, que necesitan un maior achegamento na comunicación humana (TAC) e non tanto na cibernética (TIC).
3. TALLERES E EXPERIENCIAS
Voz e movemento foron dous talleres que ocuparon aos congresistas preocupados polo necesario adestramento vocal e como se combina tamén co movemento como actividade singular para lograr unha aprendizaxe máis dinámica e divertido. A mellor proba da súa eficacia foi, por exemplo, o manter aos 500 asistentes ao Congreso bailando durante hora e media para demostrar in situ a importancia dos xogos psicomotrices, logopédicos e musicais na educación.
n As profesoras Susana Vázquez y Montse Sancho, da Coruña, que informaron a La Voz de la Escuela sobre o congreso, compartiron dúas experiencias significativas en infantil que se desenvolven en educaBarrié e os recursos dispoñibles na web. As súas catro guías En Familia levan como títulos: Los hijos: instrucciones de uso, Papá, mamá, quiero jugar, Aprendiendo juntos, Hago, juego... aprendo; e Un artista na escola, para utilizar as artes en primaria: (http://www.educabarrie.org/familias) e (http://goo.gl/SMwSEb).
Actividades
Aprender para comprender e comprender para emprender. Recollemos, xa que logo, a modo de conclusión, as propostas de emprendemento que poden ser útiles para todos.
n Estas son as cinco chaves do emprendedor:
n Chave motivacional-resiliente: para superar dificultades.
n Chave creativo-innovadora: para pensar dun xeito diferente aos demais.
n A chave ético-humanista: ser para os demais.
n A chave socio-relacional: para crear redes e relacións.
n A chave simbólico-creativa: para comunicarse.
Un emprendedor debe manexar as cinco chaves, pero cada un destacamos nunha delas. En pequeno grupo, indagamos na biografía destes cinco personaxes que citamos e colgámoslles a chave na que máis destacan, xustificándoo: Massou Hassani, Nelson Mandela, Gloria Fortes, J. K. Rowling e Mark Zuckerberg.
n Conecta coa Asociación Mundial de Educadores Infantís, onde atoparás non só información sobre o congreso, senón tamén referencias útiles para o teu traballo: vídeos sobre valores, contos, lecturas, xogos, medio ambiente e temas desenvolvidos en anteriores reunións: www.waece.org/
n E sobre o congreso: http://bit.ly/1wmi0Hd