0s debuxos e textos dos pequenos maiores

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

> CATEGORÍA INFANTIL NIVEL B (3.º, 4.º, 5.º E 6.º DE PRIMARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL)

24 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Debuxar unha noticia, titulala e facer un resumo do seu contido puxeron a proba aos concursantes do segundo nivel infantil.

A gañadora do segundo nivel da categoría infantil, María Franco, recolleu un tema de moita actualidade e que debería preocupar, en serio, non só pola boca pequena, aos adultos responsables dos menores, empezando por os pais, pero sen esquecer os estamentos sociais: o do alcoholismo entre menores. Son xa demasiado habituais as noticias de nenos que acaban mal por beber en pouco tempo uns beberaxes que lles están prohibidos e para os que os seus corpos en desenvolvemento non están preparados.

A ACTUALIDADE Á ESCENA

De non menos actualidade, o tema elixido por Irene García Area é un tema sensible para moitas familias, que viron como os intereses económicos afogaron os seus sonos de adoptar un neno fóra das fronteiras de España.

Tampouco o tivo fácil o xurado para elixir o terceiro premio, que vai para ás mans de Mónica Antelo Barral. Á calidade na execución do debuxo, non menor ca dos outros dous premios e ca dos moitos que quedaron fóra da nosa escolla, une a actualidade do tema tratado e o acerto á hora de plasmar con sinxeleza a idea da noticia elixida para o seu traballo.

PRIMEIRO PREMIO

María Franco Vázquez, de 6.º de educación primaria do colexio Santo Domingo (A Coruña).

Premio: unha fin de semana en Port Aventura para catro persoas.

Premio á profesora: Sonia Bermúdez Barea.

 

SEGUNDO PREMIO

Irene García Area, de 6.º de educación primaria do colexio San Narciso (Marín, Pontevedra).

Premio: unha cámara de fotos dixital.

Premio ao profesor: Alberto Fraile Cancela.

 

TERCEIRO PREMIO

Mónica Antelo Barral, de 5.º de educación primaria do CEIP Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña).

Premio: un reproductor MP3.

Premio á profesora: Silvia Rodríguez Vázquez.