
Traballos ganadores das categorías infantís da décimo sexta edición do certame Mellor Periodista Infantil e Xuvenil
12 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Chegaron para quedar, din os expertos. E para ternos a todos desacougados, diría Leo, flamante gañador do concurso Mellor Periodista Infantil e Xuvenil. As avespas velutinas foron o tema do seu debuxo, que os xuíces premiaron de xeito case unánime.
O xurado do concurso que convoca o Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia estivo presidido por Rafael Sanguino Martínez, director de Márketing e Ventas, e foron os seus membros César Casal González, subdirector de Información, Sandra Faginas Souto, xefa de Suplementos, Sara Carreira Piñeiro, xornalista, e Carlos Ocampo Pérez-Gorostiaga, coordinador de La Voz de la Escuela. Exerceu como secretaria María García de Dios Rodríguez, do departamento de Márketing.
Pero ningún dos outros finalistas desmereceu do traballo gañador. Por suposto, nin o segundo, no que Sofía reflicte o tan actual tema da igualdade, nin o de Mencía, que quedou terceira cun problema de medio ambiente que parecería unha mala chanza de ciencia ficción se non fose polas evidencias científicas que corroboran que o plástico invadiu xa o planeta.
CATEGORÍA INFANTIL NIVEL A (INFANTIL, PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA)



CATEGORÍA INFANTIL NIVEL B (DE TERCEIRO A SEXTO DE PRIMARIA)


