Formación profesional: unha aventura con moitos camiños

LA VOZ DE LA ESCUELA

Unha sesión do xogo que centra o programa Eduindustria, no IES Politécnico de Vigo
Unha sesión do xogo que centra o programa Eduindustria, no IES Politécnico de Vigo

A FP dá moitas posibilidades tanto para seguir estudando como para traballar, e estimula as capacidades de emprendemento da rapazada

11 dic 2024 . Actualizado a las 11:12 h.

Hai quen pensa de xeito lineal: vas á escola, pasas ao instituto, sacas a ESO, fas bacharelato, de aí á universidade, e cun título baixo o brazo poste a traballar nunha empresa. Pero a realidade é que o itinerario que podes trazar, tanto durante a túa educación como á hora de entrar ao mercado laboral, pode ter moitas voltas e axeitarse ás túas expectativas, intereses e circunstancias. E nese camiño a formación profesional é unha opción moi versátil, que ademais ten a gran vantaxe dunha intensa conexión co mundo real, de conectar ao alumnado coas empresas e de amosar que emprender e montar un negocio propio pode ser unha opción ao alcance da túa man.

ELIXINDO ITINERARIO: Orientación e vocación

«Coñecer a oferta e coñecerse a si mesmos»

«Para decidir qué quieren hacer, lo primero que necesitan es saber cuáles son las opciones que hay». Dío Charo Cid, unha das orientadoras do IES Politécnico de Vigo. Por iso, entre os primeiros labores dos profesionais coma ela está amosar ao alumnado a diversidade de estudos e saídas que existen. Por exemplo, explicar aos rapaces de primaria e secundaria que en Galicia hai ciclos de FP de ata 24 familias distintas: «Existen opciones para prácticamente todo lo que quieras hacer», confirma Charo.

O seguinte, di esta orientadora, é que o alumno se coñeza a si mesmo: «Que se paren a pensar qué les gustaría hacer, qué los motiva. ¿Un trabajo de oficina? ¿Algo más físico o activo? ¿Al aire libre, en interior? ¿Una profesión más técnica, algo de tipo industrial...? Que busquen algo en lo que puedan verse a sí mismos trabajando. Y luego que piensen en sus propias capacidades, porque debe haber una compatibilidad entre lo que les gusta o lo que quieren hacer y sus aptitudes. Recuerdo un chico que se metió a un ciclo sanitario y lo aprobaba todo, pero luego era incapaz de afrontar las prácticas, porque le tenía fobia a la sangre. Eso lleva a un fracaso que se podría haber evitado. Sin embargo, si lo que eligen les gusta y tienen aptitudes para ello, entonces que confíen, porque van a poder sacarlo», conta.

Claro que non sempre é fácil ter claro o que nos gusta. Pero a inspiración pode aparecer en calquera lugar. Por exemplo, nunha visita a unha empresa. O programa Atrévete é unha das moitas iniciativas de Xunta que pon a rapazada de colexios e institutos en contacto coa súa contorna produtiva. Dirixida ao alumnado de 5.º e 6.º de primaria e de 1.º e 2.º de secundaria, permite que os estudantes visiten asociacións de empresarios, para coñecer exemplos reais de negocios e aprender sobre cultura emprendedora, e tamén centros de FP, para ver as posibilidades que ofrece a formación profesional e proxectos reais de emprendemento postos en marcha desde eles. Ademais, nunha segunda fase, os alumnos poden participar no concurso Atrévete a ter a túa idea, inventando unha iniciativa emprendedora ou de negocio e explicando cales serían os seus clientes, os seus competidores e como a porían en marcha. Hai premios para as mellores ideas!

Este outono entregáronse os premios ás mellores ideas de negocio do certame Atrévete a ter a túa idea. Foron galardoados 77 alumnos de once centros
Este outono entregáronse os premios ás mellores ideas de negocio do certame Atrévete a ter a túa idea. Foron galardoados 77 alumnos de once centros

PROFESIONAIS DO FUTURO: Plan Eduemprende

Promover as boas habilidades

«Nalgunhas destas visitas, que son moi didácticas, os rapaces descobren que hai traballos máis técnicos, perfís que ás veces nin sabían que existían, como o mantemento ou os relacionados co márketing, que poden interesarlles e que os encamiñan cara a algún ciclo de FP; espértanse vocacións», comenta Mónica Rodríguez, coordinadora da aula de emprendemento do IES Politécnico de Vigo, unha das cen que existen en Galicia.

Precisamente o emprendemento é, segundo Mónica, «unha das habilidades imprescindibles do traballador do século XXI, ben sexa para montar un negocio por conta propia, ben sexa para ter iniciativa dentro da empresa na que se traballe». De aí que nos centros educativos, especialmente nos de formación profesional, se desenvolvan actividades para promover este espírito entre o seu alumnado, e darlles coñecementos e ferramentas útiles para o futuro. Mónica, por exemplo, hai tempo que propón aos seus alumnos un traballo por retos. Este ano a proposta é que teñen que crear un xardín vertical no centro. «Eles teñen que detectar que fai falta, que problemas pode haber, pedir os permisos, pensar o material, o presuposto necesario... Veno como algo real, polo que se involucran e aprenden máis», explica.

Desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional apóiase todo ese traballo dos centros a través do plan Eduemprende, que leva máis dunha década impulsando o espírito emprendedor entre o alumnado de FP, e facendo máis fácil e natural o paso de estudar a traballar. «Queremos formar profesionais non só con competencias técnicas, senón tamén con capacidade de innovación e iniciativa para emprender os seus propios proxectos», defende a directora xeral de FP, Eugenia Pérez.

O plan conta con distintas liñas de actuación. Hai programas que buscan desenvolver nos estudantes habilidades como a creatividade, a innovación ou a iniciativa. É o caso, por exemplo, de Eduindustria, no que os obxectivos se acadan xogando. Que forma mellor? Trátase dunha actividade interactiva e gamificada, na que se usa un gran taboleiro de xogo, cartas, dados, moedas e billetes, e na que o alumnado ten que resolver distintos retos e casos prácticos para poñer en marcha o seu propio negocio, mentres interioriza distintos conceptos de planificación empresarial e traballa en equipo. A que soa ben iso de xogar na clase a unha sorte de Monopoly empresarial e, de paso, aprender cousas que che servirán para o futuro?

Detalles do xogo que se emprega na actividade Eduindustria
Detalles do xogo que se emprega na actividade Eduindustria

«Nosotros participamos en Eduindustria con el alumnado de FP básica, porque tiene un enfoque muy lúdico y muy interactivo, los chicos no son espectadores pasivos, por eso se involucran más. En cursos anteriores tuvo mucho éxito, caló mucho entre el estudiantado, y este año vamos a repetir», indica Marta López, coordinadora de Emprendemento do CIFP A Xunqueira, en Pontevedra. Destaca que a través desta iniciativa, ademais de aprender sobre como funciona unha empresa ou como se pode transformar unha idea nun negocio viable, «el alumnado desarrolla también la creatividad, el trabajo en equipo y la resolución de problemas, porque van teniendo que tomar decisiones a la largo del juego».

Desde este centro tamén participan, entre outros, no programa Actúa. Neste caso diríxeno ao alumnado de ciclos superiores, que este curso participará en dous talleres, un para traballar a comunicación e outro de análise das capacidades: «En el primero se les dan pautas para comunicarse mejor, hablar en público... Les dan tips y luego se les pone un reto que ellos tienen que superar. En el segundo se les explican y luego trabajan las habilidades sociales, tanto personales como profesionales, imprescindibles para emprender, pero también para cualquier tipo de trabajo», detalla Marta López.

Actividade do plan Eduemprende no IES A Xunqueira de Pontevedra
Actividade do plan Eduemprende no IES A Xunqueira de Pontevedra

Outra liña de actuación do plan Eduemprende céntrase en ensinar conceptos fundamentais de negocios, xestión, márketing ou finanzas. Cousas que non só te poderán axudar se un día queres emprender, senón que serán moi útiles na túa vida diaria. Porque nalgún momento terás que facer un presuposto para unha viaxe, decidir canto gastas en comer ou no sitio para durmir. Ese tipo de cousas trabállanse, por exemplo, na actividade Seguramente. Nela, o curso pasado, os rapaces organizaron unha viaxe virtual polo Camiño de Santiago, tendo que planificar os gastos, xestionar imprevistos e tomar decisións, como por exemplo, se contrataban un seguro ou non. De novo, todo xogando. «Achega os rapaces a cousas que doutro xeito lles poden parecer aburridas, pero que van formar parte da súa vida. Ensínalles a ter criterio e a tomar decisións, que é outra habilidade moi necesaria nos traballadores actuais», conta Mónica Rodríguez.

 EDUTECEMPRENDE: As empresas, de primeira man

«Ven a realidade e motívanse»

Pero unha das estrelas do plan é o programa EduTecEmprende. Incluído dentro da liña centrada na conexión co mundo empresarial, permite ao alumnado visitar empresas e centros tecnolóxicos e observar de primeira man a súa realidade e a súa forma de traballar.

Coñecer por dentro Aluminios Cortizo, os concesionarios Pérez Rumbao ou o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), entre outras moitos lugares, é posible grazas a este programa. Pero tamén hai empresas e asociacións do mundo da pesca, da carne ou da madeira. «Dentro do EduTecEmprende nós temos levado aos rapaces a Aimen, un centro tecnolóxico especializado en materiais e tecnoloxías de fabricación avanzadas, e a Gradiant, un centro tecnolóxico de telecomunicacións que traballa temas como a ciberseguridade, a intelixencia artificial ou os drons. Permítenos acceder a empresas que doutro xeito sería imposible. Alí os rapaces poden ver a práctica de cousas cuxa teoría viron na aula, ven a realidade do que van facer ao saír do ciclo, falan cos traballadores... Todo iso motiva moito», explican desde o IES Politécnico de Vigo.

«La visita estuvo muy bien, aprendí mucho. La parte más interesante para mí fue el trabajo con los láseres, ver cómo los utilizaban con los brazos robóticos, y la nave también estaba muy chula», conta Daniel, un dos alumnos do ciclo superior de Mecatrónica que o curso pasado visitaron Aimen.

Alumnado do ciclo superior de Mecatrónica Industrial visitou o centro tecnolóxico Aimen, ubicado no concello do Porriño
Alumnado do ciclo superior de Mecatrónica Industrial visitou o centro tecnolóxico Aimen, ubicado no concello do Porriño

No CIFP A Xunqueira este ano teñen pensado levar os rapaces do ciclo básico de Electricidade e Electrónica a visitar unha central de xeración de enerxía eléctrica de Naturgy, mentres que os alumnos do ciclo medio de Carpintaría irán coñecer a Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño. «La experiencia es siempre muy positiva, porque ven un trabajo real, el personal que hace falta para sacarlo adelante... Son visitas muy participativas, lo viven, y eso permite un aprendizaje significativo que cala más que lo que les puedas decir estando sentados en clase», resaltan.

 DA FP Á UNIVERSIDADE : Opcións para seguir estudando

Conexión con todas as ramas do sistema educativo

Todo isto que vimos contando quere dicir que se decides facer unha FP o camiño está marcado? Que saes da ESO, fas un ciclo e montas un negocio ou te pos a traballar en algo? Non, porque como che diciamos ao principio, a formación profesional ten moitas opcións. Pódese chegar a ela de moitas maneiras, e conecta con moitos estudos e posibilidades. Dende un ciclo superior pódese acceder á universidade, e mesmo hai quen fai o traxecto inverso e logo de ir á universidade pasa a facer un ciclo, ou mesmo un curso de especialización, os auténticos másteres da FP.

«Oferta y caminos hay los que quieras. Empezando por los ciclos medios, ya hay distintas maneras de llegar a ellos: puedes hacerlo desde una FP básica, desde la ESO, a través de una prueba de acceso... Y una vez lo sacas, ponerte a trabajar o seguir estudiando. Por ejemplo, puedes seguir haciendo un ciclo superior, al que también puedes llegar desde bachillerato. Y sacando ese ciclo superior, puedes pasar a la universidad, no es imprescindible pasar por el bachillerato para ir a la facultad», explica Marina Casal, orientadora do CIFP Universidade Laboral de Culleredo.

«De hecho, si sabes qué grado quieres estudiar y no te da la nota, muchas veces mejor que matricularte en otro grado es hacerlo en una FP superior relacionada, que te va a dar acceso a esa carrera y además vas a poder convalidar algunos créditos, a veces pocos, pero a veces hasta 60», engade Charo Cid. O acceso aos graos universitarios desde a FP faise empregando a nota media obtida no ciclo, aínda que os rapaces poden presentarse á parte voluntaria da selectividade se queren subir nota, algo que é imprescindible para as titulacións universitarias que teñen máis dun dez de nota de corte.

As dúas orientadoras coinciden en resaltar, ademais, que coa formación profesional o alumno vai obtendo títulos que lle permiten saír ao mercado laboral: «Puedes llegar al mismo sitio, a la universidad, pero el bachillerato no te habilita para trabajar, te permite seguir estudiando, pero no te da una profesión, y los ciclos sí». Outra vantaxe é o coñecemento práctico que ofrecen, que pode resultar moi útil ao chegar a facultade. «Hemos tenido algún alumno que se ha estrellado en una ingeniería, se ha matriculado en un ciclo, lo ha sacado con éxito, ha aumentado su autoestima, y luego ha vuelto a la carrera y ha conseguido titular. Y también algún caso de titulados universitarios que luego han venido a hacer un ciclo porque querían añadir una formación más práctica o incluso aprovechar la oportunidad de inserción laboral de las prácticas en empresa», destaca la orientadora del Politécnico vigués.

«La FP tiene conexión con todas las partes del sistema educativo», remacha la orientadora del CIFP Universidade Laboral.