«É preciso descentralizar a cultura e levala polas aldeas»

José Miguel López VILALBA

LEMOS

Carmen Pernas confirmou que o 28 de decembro actuará Kepa Junquera. Intentará darlle utilidade ós edificios que case non a teñen durante o ano

23 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Este fin de semana cumplirase un mes desde a designación de Carmen Pernas como animadora sociocultural. Ainda que as comparacións son odiosas, as coincidencias coa súa antecesora, Marta Felpeto, son numerosas, sobre todo polo seu desexo de despertar a Vilalba do letargo cultural. -¿Que interés ten Vilalba pola Cultura? -Hay pouca motivación, especialmente nos mozos, sobre os que a televisión exerce una mala influencia. Haberá que organizar actividades coas que se identifiquen. Neste sentido, está previsto que entre xaneiro e febreiro se celebre un festival de Músicas da Chaira, que será unha porta de lanzamento a grupos da zona. O presuposto é limitado e non se pode facer moito. Espero que a actuación de Kepa Junquera desperte interese o 28 de decembro. Tamén haberá un concurso entre conservatorios o día 1 de decembro. -¿Que proxectos vas desenvolver? -Creo que é preciso descentralizar a cultura polas parroquias. Neste intre o auditorio centraliza a vida cultural vilalbesa, tanto polos circuitos da Xunta, os itinerarios da Diputación, a rede de teatros, os convenios con entidades bancarias e as colaboracións de empresas. Hai que dar utilidade a edificios que case non a teñen durante o ano nas parroquias, como as escolas habaneiras. -¿Como é a programación cultural para as persoas maiores e a infancia? -Para os máis cativos imos intentar despertar o seu interese con actuacións de títeres, contacontos e teatro infantil. No tocante a xente maior, é a máis fiel á actual programación. Pero tentaremos diversificala na medida do posible.