PRECEDENTES | Un antigo deporte que xa foi practicado na comarca polos condes de Lemos

La Voz

LEMOS

22 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?gnacio Valiña non dubida en mencionar ós condes de Lemos para destacar a longa historia que ten detrás de si esta modalidade cinexética. «Aínda que hoxe pode parecer un deporte un tanto raro e minoritario, a cetrería foi moi practicada durante centos de anos en Galicia e tamén na comarca de Lemos, e nós pretendemos rescatar esa tradición», explica. As teses de Valiña poden ter un apoio nunha peza conservada na pinacoteca do Colexio da Compañía de Monforte. Alí gárdase unha copia manuscrita do Tratado de cetrería de Pedro López de Ayala -unha obra escrita no ano 1386- que pertenceu ó cardeal Rodrigo de Castro. Naqueles tempos, sen embargo, era imposible imaxinar que a cetrería do século XXI -como se viu a fin de semana no Saviñao- utilizaría sistemas de telemetría para seguir o voo das aves rapaces.