Sin solución

LEMOS

O FOGONAZO | O |

12 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

AINDA QUEDA xente que quere volver ás corredoiras e ás zocas. Ás tascas nos cruces das corredoiras onde se podía tomar un vaso de metílico e comprar carburo para o candil e unha caixa de mistos. Ainda queda xente que non sabe que vivimos no tempo dos hiper, de internet, das autovías, do comercio especializado ou desaparecido. Da velocidade. E nesta provincia que vai quedando ó rabo do mundo, ainda se gastan as forzas en discutir se as autovías son necesarias ou convenientes. Aquí, nesta provincia, non hai mala idea. O que pasa é que non hai idea. O cerebro é un luxo.