FOGONAZO | O |
28 mar 2005 . Actualizado a las 07:00 h.O Concello de Monforte insiste na súa campaña para que a xente saia antes aos locais de copas de Duquesa de Alba, a fin de que estes pechen antes sen sufrir serias perdas económicas. Pero conseguir que a xente mude uns hábitos tan profundamente arraigados no subsconsciente é difícil. Parece que hai veciños para os que saír ás once ou ás doce da noite é un calvario digno da Semana Santa andaluza.