Máis teatro galego

| SUSO VARELA |

LEMOS

DESDE EL ADARVE

13 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A APOSTA da Concellería de Cultura polo teatro pódese valorar en aumento de producións e polo tanto na mellora da calidade dos espectáculos que chegan a Lugo. O abano de ciclos e festivais dan cabida aos grandes nomes da escena española, que chegan a través de Caixanova, aos clásicos e aos grupos locais. Hai un ámbito no que aínda non se incidiu. Refírome a aposta polas compañías galegas. Existen grupos de calidade, como puiden comprobar na feira do teatro celebrada en Santiago, que apenas pasan polo auditorio: Noroeste, Norte, Atlántico, Ningures... entre outros. Só Sarabela Teatro soe acudir, invitado á mostra Cidade de Lugo. Incluso o Centro Dramático Galego apenas ten presenza na capital. Sei que os recursos son escasos, pero quizais se Concello e Cultura se sentasen nunha mesa e través da rede de teatros se podería facer un festival con compañías galegas. Merece a pena.