DIARIO DE AURIA | O |

17 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

LAS CHICAS con las chicas y los chicos con los chicos. Preparados. Candidatas e candidatos apresuran as súas maletas para iniciar a viaxe electoral. Que somos os mellores, que máis, que progreso, que cambio, que manifestos, que plan Galicia. Abúrrome, ás veces. De todo isto só pagan a pena os sentimentos. Unha crónica emotiva da campaña. Talvez exercite a miña profesión de columnista con esta técnica novidosa (e sentimental). Mirarei os ollos de Amparito e verei nela o Pepé refundido mil veces polas mans do alfareiro Baltar. En Pachi observarei a pericia do experto gladiador Russell Crowe resucitado en mil batallas. Na xuventude e pericia de Iago Tabarés vexo ese nacionalismo sensato e construtor que desafía as enquisas. Todos están preparados. O columnista obsérvaos por riba das plataformas, nos escenarios, mitineando (que é unha arte que domina á perfección o virrei Baltar, grito a grito, con arengas enardecidas, deixando a voz e a alma en cada estrado). Desexo, sobre todo, paixón. Para non aburrírmonos. Desexo ganas, ardor, vocación política. Sobran os chistes fáciles. Sobra a carencia de intelixencia., o deterioro neuronal, a mediocridade. Preparados. Políticos aurienses, os quiero. Irremediablemente.