O FOGONAZO | O |
20 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.NON está a Ribeira Sacra para tirar foguetes, porque máis que festa parece un velorio nos últimos anos. Agora que temos unha pequena morea de euros para invertir en desenrolo turístico a través do consorcio, casi tres millóns, os cidadáns agardan dos alcaldes un exercicio de responsabilidade. Esperan que non se perdan nin se malgasten polas veleidades e personalismos. Aos cidadáns dalles igual quen sexa o presidente e onde se celebren as reunións, pero queren que as inversións se fagan. E se fagan con xeitiño. É dicir, dirixidos polos técnicos, e os alcaldes a firmar. Porque senon, o asunto pode acabar como na asociación de municipios da Ribeira Sacra: o dossier meirande é o que está facendo o fiscal.