O baleiro queda, Salgado

CARLOS VÁZQUEZ

LEMOS

A TRIBUNA | O |

04 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Fernando Salgado está chamado a ocupar outra función distinta. Allea á que ata o de agora viña desenvolvendo como delegado provincial de La Voz de Galicia. Ocupar a secretaría xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, amais doutras competencias engadidas, ha ser unha tarefa chea de retos nos que non han faltar as dificultades, sen dúbida. Non suporá, en troques, un impedimento para el dada a súa longa traxectoria. A cal chega alén da adquirida como responsábel en distintos medios de comunicación, no ensino ou no xa seu anterior paso pola política. O monterrosino Fernando Salgado é, asemade, un grande coñecedor da nosa cultura. Proba delo son os seus libros. Algúns como O Jalisco, un respiradoiro por riba da traxedia no se venta a presenza de Castelao. Agora ben, especialmente relevantes veñen de ser os dedicados, loxicamente, a Lorenzo Varela: crónica dunha vida atormentada ou aqueloutro sobre o mesmo autor titulado Vinte e nove cartas. Pero quizais del, da persoa, o máis destacado sexa canto respecto leva amosado polo traballo a prol da medra froiticeira da cultura e o idioma propio do país. O baleiro queda, Salgado.