FOGONAZO | O |
20 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.ESTA VEZ non. O inesperado traslado de Transfesa ao porto seco non parece que se vaia i ao traste por nada relacionado co proceloso mundo do papeleo administrativo. Nin hai atrancos urbanístico, nin Renfe-Adif se pechou a un acordo para a ceder terreos. Pero o máis sorprendente de todo é que tampouo houbo que recorrer a unha lenta expropiación forzosa. Os propietarios afectados deron todas as facilidades para abrir o acceso que usarán os camións de Transfesa. Hainos que teñen o seu nome no rueiro con ben menos razón.