Chega «BD banda»

Carlos Vázquez LUGO

LEMOS

Cultura | Autores con mercado Kiko da Silva e Manolo Veiga presentan en Lugo o primeiro número dunha nova revista de cómic

11 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Se ben onte foi o día para liberar de 300 exemplares de banda deseñada ao longo do campus, antonte tivo lugar no salón de actos de Maxisterio a presentación da revista BD Banda , organizada por Lugo Cultural. O acto contou coa participación dun dos responsables, Kiko Da Silva, que estivo acompañado por Manolo Veiga, dono da librería Totem. «Trátase dunha revista feita en galego para o país galego», así definiu Kiko da Silva o primeiro número de BD Banda , anque terá edición en castelán para fóra. A publicación partiu logo de constatar unha realidade, que había moitos autores que non tiñan onde publicar. BD Banda nace a toda cor, inda que iso, según manifestou o tamén colaborador de La Voz, supón un importante esforzo para a editorial. «A única en Galicia que deseña e publica unha revista de cómics coma esta», subliñou Da Silva. Kiko amosouse convencido de que «hai mercado para as bandas deseñadas con calidade». Tamén salientou que, case como unha nobre reivindicación laboral, BD Banda paga aos seus colaboradores no momento en que estes entregan os orixinais, algo que provocou reaccións. «¡Pero como facedes iso se ninguén máis o fai!», contou o debuxante que lle dixeron. Kiko ten nese proceder unha teima súa, confesaría á vez que revelado contra a deficiente valoración das ideas que se dá en Galicia. «Con iso de que o fas porque che gusta e como disfrutas, pouco menos que o tes que traballar de balde», reflexionou. Asemade, lembrou que hai editores galegos que debían «sentir vergoña ao saberse que non sempre pagan os dereitos de autor». Por iso, dixo, os autores de cómic acabamos facendo ilustración en libros, na prensa ou participando en películas. «Incluso ocorre así para o gran Miguelanxo Prado», destacou.