«En ''Padre Casares'' quedan aínda os capítulos máis divertidos»

La Voz

LEMOS

As historias do sacerdote Horacio Casares baten en audiencia cada martes a series como House , Los hombres de Paco o Los Serrano . -As audiencias son moi estraras, descontrólanse con facilidade. Un día festivo como o pasado martes, que era Entroido, as curvas varían moito. Intento estar pendente o menos posible delas porque unha vez que o traballo está acabado xa non podes facer nada. -¿Que pode adiantar dos vindeiros capítulos? -Van pasar moitas cousas e don Horacio vai ter unha vida moi intensa en Louredo. Só podo dicir que haberá momentos en que parece que o mundo está ao revés. Quedan os capítulos máis divertidos. -¿De que maneira inflúe a súa bagaxe persoal na trama da serie? -A forma de rodar cada historia vén dada por cada historia. Con tempo hai un certo traballo de investigación, aínda que neste caso, tiña xa referentes claros. Na miña casa sempre foi normal que viñera algún cura, quizás máis da esquerda, parecidos a Horacio Casares, aínda que guapos así xa non o sei. -As personaxes que aparecen en «Padre Casares» son recoñecibles en Galicia... -Veunos ver un cura que quixo ler a historia e cando rematou dixo: ''É a miña vida''. Ao parecer, el tamén chegara a unha parroquia pequena e tivera bronca co cura maior. Ademais, tamén era afeccionado ao baile e no pobo pensaban que estaba liado coa compañeira que bailaba con el. Pero foi coincidencia, porque o guión estaba escrito moito antes.