05 jul 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
Na reunión de fin de curso de Preescolar na Casa tamén se falou das reunións semanais coas familias. «Unha experiencia que tivo moi boa acollida co grupo de familias que se está a realizar», sostiveron fontes do veterano programa.
Ademais, os profesionais de PnC tamén comentaron as experiencias na reunións preparto, así como o traballo que están a desenvolver con pais que están no Proxecto Home. Preto de 5.000 familias galegas se beneficiaron do programa educativo este curso.