As cinco longametraxes do ciclo organizado polo cineclub monfortino poderán verse nos multicines Hollywood a partir das 22.30 horas.
A célebre segunda película de Quentin Tarantino é a única da mostra que se proxectará en versión orixinal.
Esta produción sueca do 2008, dirixida por Tomas Alfredson, combina o terror coa temática do acoso escolar.
O director xaponés Yohiro Takita gañou con esta fita o Oscar do 2009 á mellor película de fala non inglesa.
Filme francés dirixido por Nicolas Klotz, que ofrece unha parábola sobre o poder e a historia recente de Europa.
Gañador da Palma de Ouro do último Festival de Cannes, este filme francés de Laurent Cantent aborda o problema da educación nas sociedades multiculturais modernas.
Estreada o ano pasado, é a obra máis recente do mestre da animación xaponesa Hayao Miyazaki, autor dos coñecidos filmes A princesa Mononoke e A viaxe de Chihiro e de numerosas series de televisión.