O alcalde de Castro de Rei manifesta a súa confianza nos funcionarios municipais

La Voz

LEMOS

06 mar 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Logo de que esta semana a secretaria do Concello de Castro de Rei tivese que declarar polo caso das adxudicacións levadas a cabo neste municipio, onte o rexedor deste municipio, Juan José Díaz Valiño reiterou o seu respecto á actuación xudicial e a confianza tanto no seu labor, coma no que desenvolven todos os concelleiros e todos os funcionarios que traballan no Concello de Castro de Rei.

Ao igual que ocorrera cando o alcalde fora detido e levado a declarar tras un rexistro na Casa do Concello, Díaz Valiño declarou onte que o seu desexo é que todo se aclare canto antes e que a instrución xudicial remate. Neste asunto tamén están implicados tres concelleiros do goberno municipal, dous deles das filas socialistas e un de Terra Galega.

Díaz Valiño fixo estas declaracións ao remate da rolda de prensa na que falou, en calidade de membro da executiva provincial socialista, dos investimentos do Goberno central e da Deputación na provincia de Lugo.