Mabel Rivera revive o mito da diva grega María Callas

La Voz

LEMOS

29 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Acompañada por Lino Braxe, María Torres, Julio Cea, Laura Alonso e Francisco Pardo, a actriz galega Mabel Rivera revivirá o sábado no auditorio vilalbés os últimos pasos da vida artística de María Callas, cando esta diva grega impartiu na academia Julliard unhas clases maxistrais coas que quería transmitir o seu legado sobre o escenario. Xosé Manuel Rabón é o encargado de dirixir esta adaptación da obra de Terrence McNally.