Carta aberta a Rubalcaba

Dámaso López Rodríguez

LEMOS

É ben coñecida a dispoñibilidade permanente da?Garda Civil para o servizo. Este principio básico de organización é a causa de que unha parte considerable dos seus efectivos residan en vivendas sociais, popularmente coñecidas como casas cuartel, co que resulta mais doada a localización do persoal para dispor en todo momento.?de importantes medios de reacción ante as eventuais demandas da sociedade, situacións de urxencia ou de necesidade.

Por outra banda, o peculiar despregamento territorial das unidades do corpo, que acada localidades onde a ausencia ou inadecuación de vivendas, os altos prezos do aluguer e outros condicionantes dificultan aos gardas civís atopar un fogar onde residir coas súas familias. Se a isto engadimos que por razóns de seguridade persoal e das propias instalacións, tamén convén que residan naquel tipo de establecementos, a oportunidade de utilizar as casas cuartel como fogares é evidente.

Todas estas circunstancias son as que obrigan ao Estado a manter unha política específica de vivendas oficiais para os membros da?Garda Civil, unha política que despregue os seus efectos nunha?dobre vertente: por unha banda, a social, procurando satisfacer as necesidades de vivenda dos gardas e as súas familias, máxime cando, por imperativo legal, están sometidos a frecuentes cambios de destino e localidade e por outra, a operativa, a que obedece a necesidades do servizo, e que con tal forma de residencia facilita o cumprimento das misións asignadas as distintas unidades nas mellores condicións posibles.

Trangresión flagrante

Pero a obriga institucional está agora a se transgredir de xeito flagrante polo propio Ministerio do Interior do que a Benemérita?depende, xa que durante os anos 2009 e 2010 levou a cabo a?través do Plan E unha serie de obras de reforma e remodelación en numerosos cuarteis do Instituto Armado, cun considerable custo económico para os cidadáns deste país, e con molestias para os gardas civís afectados e as súas familias, que tiveron que abandonar os seus fogares e procurarse vivenda en réxime de aluguer, e agora, rematadas as obras, non se lles permite o retorno, nen se reintegran ao patrimonio público do que proceden, porque?non se reciben pero tampouco se solucionan os problemas que?poidan ter xurdido.

Na casa cuartel de Monforte de Lemos remataron as obras o pasado mes de marzo. Entre outras partidas?están pendentes de recepción polo Ministerio do Interior doce?vivendas, que se atopan totalmente rematadas e con todos os?servizos dispoñibles para uso; e mentres, quince familias seguen a?pagar un aluguer porque non lles deixan ocupalas.?Logo das obras de reforma, o cuartel de Monforte presenta?deficiencias de tal calibre, que inducen a crer que a execución das?mesmas non tivo ningún tipo de seguimento, xa que doutra forma?non se explican; mais ben parecen o produto dunha viñeta de?Pepe Gotera e Otilio, que o resultado dun traballo serio realizado?polo holding Tragsa. ¡E para estes resultados investíronse mais de?dous millóns de euros!

Como delincuentes

Pero é máis, resulta cando menos paradoxal que neste cuartel de Monforte os gardas civís semellen ser delincuentes, xa que algúns deles e as súas familias están a utilizar vivendas que a Administración do Estado aínda non recibiu, e tamén zonas administrativas que se atopan en igual situación xurídica. Pola vía dos feitos converteron vostedes en ocupas aos membros dos corpos e forzas de seguridade.

Quizá obedeza a miña insuficiente pericia, pero confeso non entender ben isto de que o modificado dun proxecto poida ser causa para non recibir unha obra, xa que a súa existencia esta prevista para os contratos do sector público de xeito legal e regulamentario. ¿Ou é que, acaso, fíxose o modificado sen autorización e, polo tanto, en ausencia de calquera tipo de control?

Claro que, ao peor, o único que acontece e que se cumpre unha vez máis o axioma de «quien mucho abarca poco aprieta», porque, noutro caso, díganme se non tiñamos que estar orgullosos e mesmo eternamente agradecidos por contar no país cun home de poderes tal que é capaz de desenvolver ao mesmo tempo as cargas de traballo e as responsabilidades que derivan dos cargos de vicepresidente primeiro do Goberno, ministro do Interior, voceiro do Goberno, vocal da Deputación Permanente do Congreso, adscrito á Comisión de Interior... E non sigo máis.

Falta de cartos

Que alguén lle infunda sentidiño porque do contrario mesmo teremos que agradecer os actuais problemas de financiamento das administracións públicas, aínda que non no caso do cuartel da Garda Civil de Monforte, para que se cumpra a afirmación do estadista francés Charles-Maurice Talleyrand Périgord cando dicía que «nadie puede sospechar cuántas idioteces políticas se han evitado por la falta de dinero».