19 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
A web Patrimoniogalego.net foi creada o pasado maio por un grupo de particulares interesados na conservación e divulgación dos bens culturais da comunidade. O seu funcionamento é moi similar ao da Wikipedia. Para colaborar só é necesario incribirse como «catalogador», o que permite publicar fichas descritivas sobre os elementos patrimoniais -acompañadas de fotografías-, nas que se indican as súas características, ubicación e estado de conservación. Estas fichas poden ser ampliadas por outros colaboradores. Os editores da páxina limítanse a revisar as fichas para corrixir erros técnicos ou fallos gramaticais e ortográficos.