Apregunta que pode xurdir cando se comence a ler estas liñas, é a mesma que me puiden facer eu cando se puxo en contacto conmigo para que escribira sobre Xosé Manuel Carballo, cura de varias parroquias do Concello de Castro de Rei, mago e ilusionista, escritor, profesor, e unha longa lista máis de actividades que ao longo da súa vida levou, leva e seguira a levar adiante.
A verdade é que todo o bon que se poida decir de Carballo quédase curto. Referente para os seus veciños e para os seus alumnos, entre os que me incluiu, é unha persoa que cando fala senta cátedra, comenta e departe historias da vida mesma que, como dirían os máis vellos do lugar, son cousas con xeito, e respetando sempre as ideas do que ten enfrente. Ademais sempre esta disposto a axudar e colaborar.
Lembro, cando era membro da directiva da Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño, que e se falou con el para escribir unha obra de teatro para o colectivo da terceira idade, pero a súa colaboración non rematou nese punto, senón que asistiu aos ensaios e ás representacións, conseguindo algunha delas e inclusive viaxando ata Barcelona a unha representación que fixeron no Centro Galego daquela cidade.
Únome dende estas páxinas á merecida homenaxe que se lle concede a Xosé Manuel Carballo. Noraboa.