Monforte busca unha oferta musical estable

monforte / la voz

LEMOS

La Maldita Blues Band tocará mañá na sala Carpe the End.
La Maldita Blues Band tocará mañá na sala Carpe the End. @LEXANDRE< / span>

09 nov 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

A sala monfortina Carpe the End, despois da súa inauguración -o pasado 31-, programou novos concertos coa intención de converterse nun referente para as actuacións musicais ao vivo no sur da provincia. A próxima actuación terá lugar mañá a partir das 23.30 horas e correrá a cargo de La Maldita Blues Band, una formación radicada en Santiago que está presentando actualmente o seu primeiro disco, No es lo que creéis.

A banda foi creada hai arredor de dous anos por músicos procedentes de diversas formacións -Aitor García (batería), Jano Castro (baixo), Javier Miranda (guitarra eléctrica) e Martín Zapata (guitarra eléctrica e acústica, banjo e voz)- e cultiva un estilo que os seus propios compoñentes definen como rock country con toques de blues, soul, funky e reggae. O repertorio do grupo está formado basicamente por composicións propias, aínda que tamén interpretan ocasionalmente versións de Jimi Hendrix e outros clásicos. Esta será a segunda vez que a banda actúe en Monforte, xa que recentemente ofreceu outro concerto no bar Capilla.

Os responsables da sala, por outro lado, xa programaron para o sábado da semana próxima outro concerto, neste caso da formación La Cuarta Pared, que na actualidade está integrada unicamente polo músico monfortino Agustín Caetano, aínda que nos seus inicios foi un dúo. Carlos Cavadas, un dos propietarios do local, sinala que xa ten outras actuacións previstas para finais de mes e para o decembro, aínda que polo momento prefire non adiantar nomes.

A sala, que foi inaugurada cun concerto da banda monfortina Doc Magoo?s, aposta polos grupos oriundos do sur lucense e doutras localidades galegas. Os seus propietarios consideran que na zona hai suficientes formacións e demanda para manter unha oferta estable.