A deputación de Lugo puxo en marcha un programa -financiado nun 80% por fondos europeos- para mellorar a competividade das empresas lucenses a través do uso das novas tecnoloxías, buscando novas oportunidades para estes negocios. Durante unha xornada informativa no Multiusos, o deputado Miguel Ángel Sotuela presentou onte os resultados do estudo individualizado das empresas participantes no programa. Nel detectouse que o 43% non contaba con páxina web, o 78% non tiña web orientada ao comercio electrónico, e o 43% non posuía firma electrónica. A partir desta exposición, impartiranse nos vindeiros meses obradoiros formativos sobre marketing e redes sociais aos empresarios. Todas as aplicacións instaladas son de software libre, polo que non supoñer ningún custe de utilización nin de mantemento para os usuarios.